Entroido 2010 en imaxes

Publicado ó 25 de Febreiro de 2010 por jmvelay  •  Deixar comentario (1)

a_bob_de_das_en_das_400

A Bob "titasu" Marley de dúas en dúas 

a_morte_400

A morte sempre acechando

a_raia_das_avellas..._400

A raiña das avellas

ai_juan_de_abuelo_400

Ai, Juan de abuelo

carmia_con_michael_jakson_400

Carmiña con Michael

dende_oriente_ata_fisterra_400

De oriente a Fisterra

dago_sen_disfraz_400

Dago, dando a nota..sen disfraz

eche_o_que_hai_400

Eche o que hai

en_tempos_de_crise_400

En tempos de crise

esos_maravillosos_seres_animados_400

Eses maravillosos seres animados

intento_de_violacin_400

Intento de violación

acto_consumado_400

Acto consumado

a_india_e_o_demo_400

 A india e o demo

ai_o_clero_400

Ai, o clero

artista_ests_feito_un_artista_400

Artista, estás feito un artista

bobamy_e_marilyn_400

Bob,Marilyn and Amy

cuidadn_cuidadn_felinas_merodeando_400

 Cuidadín, felinas merodeando

ensalada_de_disfraces_400

Ensalada de disfraces

eses_cruceiros_polo_nilo_400

Esos cruceiros polo nilo

mais_fume_400

Fume.....

jo_ta_400

Jo, tía

j_to_400

Jo,tío

jse_no_bebas_ms_coronitas_400

Jóse, no deberías beber tanta coronita

mariola_tomando_un_chocolate_400

"Mariñolas panza arriba" se toma un chocolate

o_clebre_compositor_volve_polo_antroido_400

O célebre compositor volve polo entroido

o_papa_e_o_pirata_400

O Papa e o pirata

os_bombeiros_en_plena_actividade_400

Os bombeiros apagando lumes

os_catro_magnficos_400

os catro magníficos

os_chefs_400

Adriá e Santamaría fixeron as paces

os_cubatas_con_pajita_por_favor_400

Tres cubatas...con pajita por favor

paz_y_amor_400

paz e amor

vaia_das_400

Vaia duas

piratas_de_calcoba_400

os piratas de calcoba

ter_que_traballar_con_estas_pintas_400

Ter que traballar con estas pintas..

tal_fai_o_alcol_400

Tal fai o alcohol

un_bico_na_noite_400

Bicos

xavusvin_400

Xavusvin de tokio

pablito_400

Pablito, que bueno que vinite

Oportunismo cínico

Publicado ó 11 de Xaneiro de 2010 por jmvelay  •  Deixar comentario (1)

expectacin_nunha_posta_de_sol

Cando a xente da miña xeración éramos aínda moi cativos pasábamos o tempo de lecer xogando na Rúa da Cerca, na Praia da Ribeira, nas Margaritas ou en calquera rúa da vila, pois aínda non existía a Play Station nin os xogos On Line, polo que a nosa infancia transcurría tentando ao perigo nas rochas que embestía o mar ou escachando trompos.O que sí existían eran aqueles estranxeiros, maioritariamente centroeuropeos, que deambulaban polos recunchos máis agochados e tamén polas rúas centrais da Vila có seu aspecto case uniforme:desaliñados, có pelo longo e barba e con rostros máis blancos que os dos nosos veciños. Esos pelegríns espertaban a nosa curiosidade infantil pois sabíamos que nas súas mochilas cargaban unha morea de aventuras e vivencias das que che facían partícipe.Describíanche nun rudo español as peripecias dun camiño duro e longo, coa única referencia das estrelas, que os traía ata Fisterra....e preguntaban onde atopar o Arasolis, por onde chegar ao areal de Mar de Fóra para contemplar o solpor i experimentar o abismo,polo Promontorium Nerium, pola Ermita de San Guillermo. Nós, orgullosos do noso,prestábamonos a acompañalos, a guiarlle ata atopar esos lugares para compartir con eles a satisfacción que lles producía chegar ao fin do mundo, ao fin do camiño.Facíanos enormemente felices i esquecíamos chegar á nosa hora á casa, polo que, despois destas xornadas maravillosas e cheas de maxia tocaba a reprimenda dos pais.Falo de todas estas cousas porque estos últimos días podo ver nos xornáis a reivindicación de Muxía como Fin do Camiño por parte do seu alcalde e un grupo de persoas, tras facer unha camiñata simbólica dende Compostela.Como fisterrán síntome decepcionado e agredido, pois este oportunismo cínico non atende a ningunha realidade e paréceme ademáis deshonesta e carente de sentido común.Sen entrar en debates históricos nin políticos teño que dicir que Fisterra foi,é e será sempre unha referencia nas peregrinacións europeas e que existiu incluso antes que o Camiño a Santiago polo que todo este teatro mediático paráceme absurdo e fora de lugar.Respeto profundamente a Muxía como entidade propia ,pero creo que reivindicando a súa presencia nesta corrente humana que é o camiño, e intentando dar prosperidade ao seu pobo mediante a promoción das súas cualidades e peculiaridades própias xa sería dabondo.Xa que non temos uns dirixentes en Fisterra que se ocupen deste asunto decido hoxe facelo eu a nivel persoal.

OUTRO ANO MÁIS....BO NADAL

Publicado ó 25 de Decembro de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (1)

viaxe_400

Amigos e amigas ultreianas, non queremos deixar pasar estas datas sen compartir a sorte de poder celebralo xuntos, outra vez.Un ano máis a mensaxe repítese, e tamén os desexos de que estas festas podan ser disfrutadas sen contratempos, na compaña dos familiares e amigos, e así poder dicir...outro ano máis estamos aquí.

Bo Nadal a tod@s. 

¡¡¡¡¡ JRASIÑAS LEO !!!!!

Publicado ó 05 de Decembro de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (3)

de_flamenco_ao_albert_pla_600

Gracias Leo, e digo gracias porqué conquistaches o noso corazón, roubaches as nosas gargalladas e arrancaches un anaco de cada unha das almas que se deron cita na Taberna Ultreia para ser partícipe da túa proposta transgresora, orixinal, humorística e musical.Con unha posta en escea espectacular e cálida ao mesmo tempo conseguistes que viviramos unha experiencia inesquecible aos asistentes, chegados de tódolos puntos da Costa da Morte.A verdade é que xa tíñamos boas referencias dos teus espectáculos, pero, con creces, superástes tódalas expectativas creadas;durante dúas horas de concerto soubéstes conectar có público,creando un vínculo invisible pero tamén inquebrantable.Como bó malavarista do escenario chegastes aos máis xovenes, aos xa non tanto e aos máis maduros dos asistentes, acadando aplausos sinceiros e unánimes.A indiferencia non fixo presencia nunha magnífica noite que ficará para sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns.

Fisterra e a Costa da Morte en xeral quéreche polo que xa sabes, sempre que queiras serás benvido nesta  nosa terra...agora tamén túa.

José María,Carmiña e tódolos asistentes.

Unha aperta calurosa e sorte na túa singular andadura.

leo_escomenza_a_berrar_400

Quencemento

bo_ambiente_400

Comenzan as primeiras cancións

con_licor_caf_400

O licor café sempre axuda

mis_punk_400

O punk que leva dentro sae a flote

de_flamenco_ao_albert_pla_400

Cambio de vestuario

cheo_ata_o_teito_400

Xa non colle tanta xente no local

con_artista_invitado_400

David, artista invitado e improvisado

mis_punk_600

Ata pronto Leo...

O LEO I ARREMECAGHONA EN CONCERTO

Publicado ó 30 de Novembro de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (0)

20071123leoiarremecaghona4

Este venres 4 de Decembro escomenza un dos fins de semana máis longos do ano.Con motivo da Constitución e a Inmaculada Concepción alongarase ata o martes 8, polo que serán moitos os que poidan disfrutar destos días previos ao Nadal disfrutando dunhas minivacacións que nunca veñen mal para liberarse da carga do traballo ou os estudos.A Taberna Ultreia quere contribuir a todo elo ofertando un espectáculo humorístico musical a cargo de O LEO I ARREMECAGOHNA do que poderá ser partícipe o Venres 4  a partir das 23:30 horas.Leo," o cantor punk da Galiza" deleitaranos coa súa voz e a súa guitarra mediante os diferentes estilos musicais que se misturarán có humor e a retranca máis galegas para o disfrute dos asistentes;todo elo, gratuito e coa garantía dunha atmósfera festeira e propia da Taberna.

Xa sabedes ultreianos, esta fin de semana tedes unha cita na Taberna Ultreia,¡¡Non faltedes!!

VENRES 4 DECEMBRO AS 23:00 H

TABERNA ULTREIA

SANTA CATALINA 28

FISTERRA

Sobre Leo i arremecacgohna:

"Leo i arremecaghona representan unha maneira singular e moi galega de entender os espectáculos musicais e humorísticos.o seu paso por citas como o Certame de Regueifa de Valadares en Vigo ou a súa participación dentro do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo así como as innumerables postas en escea en lugares como a Universidade de Lisboa , na Sala nasa de Santiago na presentación de Radio kalimera ou no Castañazo de Maceda dan conta da polivalencia do artista, que mistura maxistralmente a retranca e humor máis galegos con unha posta en escea atrevida e desenfadada, apostanto por igual, tanto o punk máis galego como polo folclore máis tradicional ou o pop máis doce e melódico.Para achegarvos ao seu universo peculiar e comprometido có país podedes visitar       arremecaghona.blogspot.com"

POSTAIS DENDE EXIPTO.Setembro 2009

Publicado ó 21 de Outubro de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (2)

Cando o verán e as duras xornadas de traballo quedan por fín atrás,cumprimos con unha premisa que nos resulta fundamental para desconectar do estrés, poñer en orde os asuntos pendentes e reconfortar un pouco ao corpo e sobre todo ao noso espíritu:coller un avión e alonxarnos da rutina;fuxir, poderiamos dicir incluso, para buscar ese equilibrio que tanto necesitamos.No noso caso, como sabedes,viaxar supón unha prioridade que, ademáis, canaliza todo ese cansancio, esas presas i eses compromisos profesionais que inundan a túa existencia durante a maior parte do ano.Desta vez, tocou Exipto e alá fomos, polo que queremos, unha vez máis, compartir con todos vós pequenos fragmentos desta nova experiencia.

Para tod@s clientes e amigos de Ultreia unhas postais dende este singular país.

auga_no_deserto_400

Calor..moita calor

carmia_e_jose_diante_da_esfinxe_400

Carmiña i eu diante da Esfinxe de Giza

moondance_400

Antes de partir no Moondance Nilo arriba

no_interior_do_templo_de_karnak_400

Á sombra no Templo de Karnak

faluca_no_nilo_400

De camiño, estampas locais.

cs_colosos_ao_fondo_400_01

Máis de 40 séculos despois, os colosos perduran

relax__bordo_do_moondance_400

Relax á bordo

con_un_nativo_en_luxor_400

Con un nativo

diante_do_templo_de_hatshepsut_400

Entrada do Templo de Hatshepsut

_sombra_400

A sombra, o mellor refuxio

pirmides_vertical_400

Nas Pirámides

oasis_400

Oasis

solpor_no_nilo_400

Solpor no Nilo

carmia_e_jose_nas_pirmides_400_01

Coas grandes Pirámides ao fondo

tentando__sorte_coas_pedras_400

Despois de cumprir có ritual da sorte

centro_de_o_cairo_de_noite_400

Durme o centro de O Cairo

caf_el_fishawi_400

Café El Fishawi ou Café dos espellos

diante_da_entrada_ao_templo_400

Ás portas da historia

descansando_ao_carn_dos_nefrares_400

Compartindo o descanso cós nenúfares

VICENTE FERRER

Publicado ó 25 de Xuño de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (4)

vicentefoto

Gracias

TRIPLETE HISTORICO

Publicado ó 02 de Xuño de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (3)

img_6227_600

Brindando pola victoria

img_6231_400

Tamén estiveron os máis cativos...

img_6229_400

Joaquim e o seu compañeiro de camiño irlandés...

img_6232_400

Non quedou ninguén sen cava, ata as inglesas...

img_6222_400

A familia reuniuse

img_6215_400

Os incondicionais do Barca...

A todos eles....¡¡¡Noraboa polo triplete!!!

O CAMIÑO E OS MOTIVOS DO CAMIÑAR

Publicado ó 07 de Maio de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (2)

c11c3f1

Cando pasamos páxina no almanaque e chega o mes de Maio o fluxo de pelegríns a Fisterra escomenza a facerse máis notable e con cada ún deles e delas chegan tamén milleiros de historias e motivacións diferentes, así como diferentes maneiras de levalo a cabo...

c15c8f4

Xóvenes, maiores, discapacitados...

caminosantiago_14_400

Coa soedade como compaña...

caminosantiago_29_400

En grupo e a cabalo...

caminosantiago_31_400

En familia...

caminosantiago_32_400

Ao John Wayne...

caminosantiago_54_400

Con imitadores...

caminosantiago_55_400

En parella...

galicia2008_fisterra_157_400

En grandes colectividades...

p7150558

En bicicleta, etc.. e non falemos das diversas razóns que moven a esta xente a facelo;ao mesmo tempo, cando se achegan ata a Taberna soen contarche a ruta que fixeron e as veces as motivacións, e case nunca se esquecen de preguntarche se tí, como fisterrán o fixestes.A verdade e que a maioría de nós non o fixemos, polo que agora lanzo esta pregunta as visitantes desta páxina.¿Fixestes o camiño? De ser así gustaríame que compartírades a vosa experiencia;de non ser así..¿Que vos movería a facelo?.

Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono...

Publicado ó 26 de Marzo de 2009 por jmvelay  •  Deixar comentario (4)

ribeira_no_pasado

Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono, tamén os recordos vagan perdidos na memoria; sen  rumbo  fixo e a capricho dos que exercen de amos e señores de tódalas cousas corren o perigo de converterse en imaxes difusas dun pasado cada vez máis lonxano e máis dificil de atopar.

¡¡¡As terras para os que as traballan!!! reivindicabase nun tempo de esperanza;eu digo agora en tempos de cansancio e desilusión: ¡¡¡ Os lugares para aqueles que os habitan !!!

Como humanos xuntámonos fai milenios para decidir organizarnos socialmente sen percatarnos de que o equilibrio có medio onde non tocou vivir e o respeto mutuo sería o único camiño válido para poder avanzar na nosa búsqueda polo benestar.Hoxe, despois de ver pasar eses milleiros de primaveras, ese entorno que nos apertaba no transcurso da nosa vida, ten propietario e iso é a peza que non encaixa neste puzzle existencial.   

Para os fisterráns a Praia da Ribeira ocupa un lugar destacado na lista de lugares conquistados polos nenos para o seu divertimento e a súa liberdade;aquí moitos aprenderon a moverse polas augas como peixes,comenzaron a descubrir o arrezume da area bañada pola mar e a sentir a presencia das pedras no seu eterno e quedo "estar".Neste mesmo lugar, ao refuxio do mal tempo e preto de pais e nais, os nenos da miña infancia entenderon o respecto polas olas e todos esos seres que as habitaban, construíron castelos de area a semellanza dós das fábulas e borraron con pactos de vento a inquedanza de un futuro incerto e lonxano..."¿cándo seremos adultos? preguntávamonos cando non poñíamos a secar enterrados en area ou tumbados boca abaixo nas suaves pedras do pedregal".

img_5990_600

Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono...reivindiquemos con amor e contundencia:"Os lugares para os que os habitan".

img_5986_600

Existen lugares que teñen tal presenza no noso medrar que non teñen dono;nin Costas, nin Portos,Concello ou Xunta poderán nunca gobernar;A Ribeira é un destes lugares nos que soio os nenos poden e non deben nunca deixar de habitar.