O CAMIÑO E OS MOTIVOS DO CAMIÑAR

Cando pasamos páxina no almanaque e chega o mes de Maio o fluxo de pelegríns a Fisterra escomenza a facerse máis notable e con cada ún deles e delas chegan tamén milleiros de historias e motivacións diferentes, así como diferentes maneiras de levalo a cabo...

Xóvenes, maiores, discapacitados...

Coa soedade como compaña...

En grupo e a cabalo...

En familia...

Ao John Wayne...

Con imitadores...

En parella...

En grandes colectividades...

En bicicleta, etc.. e non falemos das diversas razóns que moven a esta xente a facelo;ao mesmo tempo, cando se achegan ata a Taberna soen contarche a ruta que fixeron e as veces as motivacións, e case nunca se esquecen de preguntarche se tí, como fisterrán o fixestes.A verdade e que a maioría de nós non o fixemos, polo que agora lanzo esta pregunta as visitantes desta páxina.¿Fixestes o camiño? De ser así gustaríame que compartírades a vosa experiencia;de non ser así..¿Que vos movería a facelo?.






xeiteiro escribiu:
Sábado 09 de Maio do 2009