POSTAIS DENDE EXIPTO.Setembro 2009
Cando o verán e as duras xornadas de traballo quedan por fín atrás,cumprimos con unha premisa que nos resulta fundamental para desconectar do estrés, poñer en orde os asuntos pendentes e reconfortar un pouco ao corpo e sobre todo ao noso espíritu:coller un avión e alonxarnos da rutina;fuxir, poderiamos dicir incluso, para buscar ese equilibrio que tanto necesitamos.No noso caso, como sabedes,viaxar supón unha prioridade que, ademáis, canaliza todo ese cansancio, esas presas i eses compromisos profesionais que inundan a túa existencia durante a maior parte do ano.Desta vez, tocou Exipto e alá fomos, polo que queremos, unha vez máis, compartir con todos vós pequenos fragmentos desta nova experiencia.
Para tod@s clientes e amigos de Ultreia unhas postais dende este singular país.

Calor..moita calor

Carmiña i eu diante da Esfinxe de Giza

Antes de partir no Moondance Nilo arriba

Á sombra no Templo de Karnak

De camiño, estampas locais.

Máis de 40 séculos despois, os colosos perduran

Relax á bordo

Con un nativo

Entrada do Templo de Hatshepsut

A sombra, o mellor refuxio

Nas Pirámides

Oasis

Solpor no Nilo

Coas grandes Pirámides ao fondo

Despois de cumprir có ritual da sorte

Durme o centro de O Cairo

Café El Fishawi ou Café dos espellos

Ás portas da historia

Compartindo o descanso cós nenúfares






O Mouro escribiu:
Venres 13 de Novembro do 2009