Oportunismo cínico

Publicado ó Luns 11 de Xaneiro do 2010 por jmvelay

expectacin_nunha_posta_de_sol

Cando a xente da miña xeración éramos aínda moi cativos pasábamos o tempo de lecer xogando na Rúa da Cerca, na Praia da Ribeira, nas Margaritas ou en calquera rúa da vila, pois aínda non existía a Play Station nin os xogos On Line, polo que a nosa infancia transcurría tentando ao perigo nas rochas que embestía o mar ou escachando trompos.O que sí existían eran aqueles estranxeiros, maioritariamente centroeuropeos, que deambulaban polos recunchos máis agochados e tamén polas rúas centrais da Vila có seu aspecto case uniforme:desaliñados, có pelo longo e barba e con rostros máis blancos que os dos nosos veciños. Esos pelegríns espertaban a nosa curiosidade infantil pois sabíamos que nas súas mochilas cargaban unha morea de aventuras e vivencias das que che facían partícipe.Describíanche nun rudo español as peripecias dun camiño duro e longo, coa única referencia das estrelas, que os traía ata Fisterra....e preguntaban onde atopar o Arasolis, por onde chegar ao areal de Mar de Fóra para contemplar o solpor i experimentar o abismo,polo Promontorium Nerium, pola Ermita de San Guillermo. Nós, orgullosos do noso,prestábamonos a acompañalos, a guiarlle ata atopar esos lugares para compartir con eles a satisfacción que lles producía chegar ao fin do mundo, ao fin do camiño.Facíanos enormemente felices i esquecíamos chegar á nosa hora á casa, polo que, despois destas xornadas maravillosas e cheas de maxia tocaba a reprimenda dos pais.Falo de todas estas cousas porque estos últimos días podo ver nos xornáis a reivindicación de Muxía como Fin do Camiño por parte do seu alcalde e un grupo de persoas, tras facer unha camiñata simbólica dende Compostela.Como fisterrán síntome decepcionado e agredido, pois este oportunismo cínico non atende a ningunha realidade e paréceme ademáis deshonesta e carente de sentido común.Sen entrar en debates históricos nin políticos teño que dicir que Fisterra foi,é e será sempre unha referencia nas peregrinacións europeas e que existiu incluso antes que o Camiño a Santiago polo que todo este teatro mediático paráceme absurdo e fora de lugar.Respeto profundamente a Muxía como entidade propia ,pero creo que reivindicando a súa presencia nesta corrente humana que é o camiño, e intentando dar prosperidade ao seu pobo mediante a promoción das súas cualidades e peculiaridades própias xa sería dabondo.Xa que non temos uns dirixentes en Fisterra que se ocupen deste asunto decido hoxe facelo eu a nivel persoal.

Comentarios

Sole..... escribiu:

A indixente da rúa Real non iva de Marilyn iva de Madonna...nos seus mellores tempos... pero para o ano ijual gardo a peluca...e saio de Mrilyn.....o ke fai a crises...un día de raiña do pop...e o sijiente buscando nos contenedores... mira ke tedes xentiña variopinta carallo¡¡¡¡Graciñas nen@s....un bikiño



Deixar comentario