CHARLA SONORO-VISUAL A CARGO DE ADEGA Decembro 2007

Con motivo das II Xornadas Taberna Ultreia, Fins Eirexas, secretario executivo da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) achegouse ata a Taberna para impartir unha charla sonoro-visual onde se repasaría a situación ecolóxica da zoa así como outros aspectos relacionados coa conservación do medio.Non faltou a análise sobre a situación do litoral,a descontrolada construcción na bisbarra, a situación dos nosos montes, zoas de pesca e outros moitos temas que foron seguidos atentamente polos asistentes, creando ao final, unha importante conversa onde se intercambiaron impresións e opinións sobre os diferentes temas;todos eles acompañados dunha proxección dun documental galego sobre o Cambio Climático en Galicia e que tivo unha fantástica acollida debido á información que proporcionou sobre diversos aspectos que afectan ao noso entorno.





