A TABERNA ULTREIA CON NORTE Y SUR SOLIDARIO.Decembro 2007


Norte y Sur Solidario é unha ONG coa sede na vila de Corme e que traballa dun xeito desinteresado e non condicionado, pois non aceptan subvencións públicas, en favor dos nenos e anciáns en Guatemala;alí levan a cabo a constucción dunha gardería, unha escola e outros proxectos que axudan a millorar as condicións de vida destas persoas.Por esta razón decidimos facernos eco da súa labor organizando na taberna unha charla onde nos explicaban o traballo que están facendo e proxectando un vídeo onde se podían ver como todas estas actuacións se executaban;ao mesmo tempo organizamos unha exposición fotográfica onde os retratados eran os nenos, os propios destinatarios desta axuda ,simultaneamente a un improvisado mercadillo onde se podían adquirir dende camisetas ata obxetos artesanais feitos por esta xente e cuios fondos ían destinados íntegramente para as obras e proxectos postos en marcha no país.
Resultou un acto fructífero pois conseguíronse axudas económicas como as de Pepe Velay(momento que se pode ver na foto que encabeza o artigo cando fai entrega dunha xenerosa aportación económica) que segue a colaborar coa organización.
Sentímonos enormemente satisfeitos polos resultados obtidos a raíz deste acto e agradecemos dende aquí a presencia dos integrantes da organización, dos asistentes e de toda a xente que pasou a colaborar coa organización.

Parte da exposición fotográfica

Confraternizando rematado xa o acto





