POESIA AO LUME DA QUEIMADA 8 DE DECEMBRO DO 2006
O
venres 8 de Decembro, aproveitando coa ponte de decembro, inaugurábanse
as Primeiras Xornadas Culturais Taberna Ultreia.Un acto que daba
nacemento a elo era un recital poético ao lume da queimada.Neste acto o
establecemento agasallaba aos seus clientes con potes de queimada , que
ante a presencia dos presentes eran elaborados para poder despois
degustalos.Sin tentar rachar coa tradicción, pero sí nun intento de
innovar, esquezémonos do clásico conxuro e optamos por realizar un
recital poético;ao fin e ao cabo, contra as enerxías negativas e os
malos espíritus, pensamos que tamén se podería loitar cos poemas dos
autores locais que se prestaron a elo.En tal acto, e como reflexa a
fotografía que segue, Modesto Fraga, Alexandre Nerium e Braca Vilela,
todos poetas de Fisterra, con diferentes obras publicadas, todas de
carácter poético, crearon unha atmósfera especial que calou, coma o
orballo do outono, entre os asistentes, que disfrutaron das
musicais verbas, mentres quentaban o corpo con cuncas de queimada que
José María ía servindo.A asistencia foi masiva, incluso algún
estranxeiro que fixo presenza, sentiuse cautivado por un
espíritu de comunidade que se respiraba e que facía có concepto de
pobo, de identidade, estivera presente. Como o tempo acompañaba, e
dicir, chovía e facía frío o experimento resultou un éxito , pasando a
ser dende ese momento en cita obrigada para vindeiros
invernos.Depuramos as almas i espantámolos malos augurios que podían
pesar sobre nós.