MONOLOGO DE GERMAN MARTINEZ 9 DE DECEMBRO DO 2006
Tiven a enorme sorte de coñecer a Germán Traba máis a fondo cando es
comenzou a traballar no verán do 2006 na nosa Taberna.O seu carácter
alegre i extrovertido fixo posible unha magnífica relación envidiable en
moitas das empresas onde eu estiven traballando previamente.A súa ca
pacidade para facer rir e pasar ratos agradables fíxose latente no trato
cós clientes polo que de aquí xurdiu a posibilidade de facer pasado o ve
rán un monólogo de humor no seu pobo.Con motivo das Primeiras Xor
nadas Culturais da Taberna Ultreia, o 9 de Decembro do 2006 facíanse
realidade o proxecto, e sentábase ante a súa xente para rachar co mito
de que ninguén é profeta na súa terra. A asistencia foi tan masiva que
desbordou tódalas expectativas postas tanto por nós coma por Germán
que nun primeiro momento manifestábame o seu pequeno temor e a súa
grande impresión polo que estaba a piques de acontecer.Nada máis lonxe
da realidade, o que se prevía como un monólogo de 30-40 m tornouse un
ha sesión de 2 horas onde a xente non paraba de rir polas ocurrencias do
mestre do humor.Foi maravilloso, non entrou máis xente ao acto, porque
non había espacio material para elo.O abarrote foi tal, que incluso, en ple
no Decembro a xente intentaba ver ou ouvir algo dende a rúa.Foi un acto
que nunca esqueceremos i Él creo que tampouco.Gracias Germán, por tan
tas horas agradables e por tantos momentos sinceiros no noso trato.Dende
aquí, unha aperta calurosa para o mestre fisterrán do humor.Xa o sabes..
ésta sempre será a túa casa.





