AMNISTIA INTERNACIONAL NA TABERNA ULTREIA 23 DE MARZO 2007
O venres 23 de Marzo achegábase ata Fisterra, e concretamente á Taberna,
Marga Rodríguez e Manuel Mosquera, ambolos dóus voluntarios de Amnis
tía Internacional, encargados da organización das charlas e responsable de
educación respectivamente, para impartir unha charla sonoro-visual sobre
unha serie de cuestións correspondentes ás actividades da organización en
España e no estranxeiro.Facendo gala dun alto grao de información e capa
cidade de síntese,así como comunicadora foron tocando diversos temas,den
de as orixes, funcionamento da organización no grupo da Coruña, ata to
car temas como os refuxiados,a pena de morte, as torturas,etc para rematar
no tema "estrela", por decilo dalgunha maneira que non era outro que A
violencia contra as mulleres en tódolos seus aspectos e países onde se dá.
Informouse aos presentes sobre a campaña aberta este ano en todo o mundo,
accións que se están levando a cabo a nivel lexislativo, educacional, etc pa
ra tentar concenciar aos asistentes na necesidade de cambiar á situación e
non seguir violando sistematicamente os dereitos deste colectivo, xa de por
sí , descriminado en moitos outros aspectos da vida.
A charla transcurreu seguida cun grande interese polos que se achegaron a
ta alí ,para rematar nunha ronda de participacións, rogos e preguntas.
Dende aquí agradecer a Marga e Manuel a súa labor desinteresada e prestar
lle o noso apoio en sucesivas acción que se leven a cabo.





