Igrexa se Santa María das Areas, data século XII e de estílo Románico,alberga no seu interior ao Santo Cristo de Fisterra, Santo Cristo da Barba Dourada, peza igual á outra que descansa en Ourense e que é perseguida pola lenda de que lle medra o pelo e as uñas. Talla fermosa e e grande valor histórico,chegada ata estas terras por mar segundo nos dí a historia.Neste mesmo lugar, nos seus arredores, aínda se celebran os maravillosos actos relixiosos da Semana Santa(Festa de Interese Turístico Nacional).O xoves santo represéntase no seu interior a última cea , asimesmo o venres sae do edificio o sepulcro que percorrerá a vila e voltará, escenificando a mística procesión do venres. Atópase có seu máximo explendor, neste caso nos arredores da igrexa, o Domingo de Resurrección, onde se representa este acto ante a presenza de milleiros de persoas que se achegan ata aquí, ano tras ano,para cumprir cunha tradición moi marcada na bisbarra. Aconsello a súa visita , para poder apreciar outras tallas de importante valor no seu interior, e, como non, disfrutar do seu entorno.Supón o último vestixio relixioso antes do ascenso ao Faro de Fisterra, fin da ruta pagana. Como fondo, o impresionante Monte do Pindo, maxestuoso monte, que asemella tocar o mesmo ceo.

As viuvas do mar.Esta imaxe vale por mil palabras. Víctimas dunha futura existencia escura e triste,soitaria, sen ilusións nin expectativas de futuro; os seus ollos reflexan todo isto: a amargura de quen agarda impacente tódolos días a volta, ou non, do home ao que ama, do pai dos seus fillos, do sustento e alimento da familia, por aquel entonces, sempre numerosas. A resignación como filosofía de vida pero tamén a forza, a vitalidade sobrehumana para tirar adiante cós mínimos recursos nunha época onde vivir non é facil e require moito traballo e sudor.Dende aquí unha homenaxe a esa grande muller galega, partícipe e responsable da supervivencia en tempos difíciles,nada imaxinable nin comparable ao que hoxe podemos vivir. Como anécdota, as dúas ,mulleres anónimas suxetan un rosario cada unha delas, pois a esperanza é o último que se perde.
Mariñeiros preparando os "palangres" para ir a faenar.Esta escea transcurre na rampa que está situada fronte a lonxa de peixes. É unha estampa típica mariñeira que,ao igual que moitas outras fotos, non se pode precisar á data exactamente.Ao fondo podemos ver aos nenos xogando no pequeno areal que serve a outras embarcacións, cando a marea está baixa de atracadoiro. Neste mesmo areal ,aínda se realizan diversas tarefas de manteñemento,pintado. De recente reforma a fachada portuaria sufriu moitos cambios, dende a lonxa para a venta de peixes,que resulta agora a primeira en ter características para a visita por parte dos visitantes,onde poden observar a subasta ata novas instalación que a fan máis práctica e cómodas.O estílo da nova fachada nada ten que ver coa desta foto,é unha aposta máis moderna i actual. As instalacións milloraron ,tanto para a actividade portuaria como para o disfrute dos camiñantes, dispoñendo dun amplo paseo peatonal e un espacio millor distribuído e aproveitado de todo este espacio que é o porto de Fisterra.
Faro de Fisterra, guía dos navegantes e tamén posuidor dos nosos destinos,ilumina o noso proceso vital para darlle sentido e armonía.Emblema do pobo e icono do occidente,o derradeiro raio de luz antes da morte do sol, último suspiro do home ao atoparse có máis alá "ultreia". Eterno muxido da vaca, elegante e tamén arrogante, reina no imperio da natureza, todo o vé e todo,o sinte coma o terceiro ollo de Buda nas alturas do Nepal. Así é Él, maxestuoso,bárbaro e caritativo,portador de luz i enxendro do máis noitébrego temor do home dende o principio dos tempos.Esta fotografía é un tanto especial,pois recolle o momento en que se está construindo,é algo así como captar nunha imaxe o momento da creación.

Santa Catalina ou "cabo da vila" é quizáis unha das rúas máis antiga da vila. Por aquí non transcurreu o tempo, está igual que fai 100 anos,é maravillosa como éla soio sabe selo. Pendente onde se suceden as casas que mirar sempre ao mar, baixada pedregosa i estreita,como así eran antes; posúe unha armonía arquitectónica exemplar, ademáis de seductora pois asemella invitarche a seguir baixando para atoparte con algo que descoñeces pero que precisar descifrar.Actualmente nesta rúa , está a Casa do Concello, Local de Asociación de Empresarios,Correos e como non , porque non podía ser doutro xeito a TABERNA ULTREIA,a 100 metros do albergue de pelegríns, da estación de autobuses, das tendas e dos restaurantes, das terrazas que presumen de mirar ao porto...

Dicir A Cerca en Fisterra é como dicir A Ribeira, é o mesmo, é unha auténtica simbiose;xuntas confluen no mar para conformar un espazo acolledor,cálido e deleitado sempre polas sonoras augas, portadoras éstas, moitas veces de amargas novas á futuras viuvas,que verán como as súas vidas xiran radicalmente de sentido. Pero é así, a vida do mar. Aquí estaban os choios onde os mariñeiros e as redeiras arranxaban os aparellos ,para ao día seguinte,voltarse a encontrar con ese elemento tan presente na cultura celta,e por conseguinte,na galega. É algo así como unha atracción fatal, pois que sería de nós sin él. Hoxe en día forma parte do entorno da Ribeira, lugar frecuentado por visitantes, pois nos arredores ún respira o auténtico olor dun lugar mítico e irepetible como supón ser a nosa Fisterra,e digo, "a" pois ¿ non é acaso Fisterra , unha muller deitada, agardando a ser amada?

Escea cotidiana de Fisterra, alá polos anos 20, correspondente ao Paseo da Ribeira. Representa o día a día dunha vila mariñeira,que por queles anos vivía, básicamente, da loita contra as feras augas do Atlántico , que a envolve i embriaga. Actualmente a zoa sufriu modificacións que fixeron que pase a ser un remanso de paz, propicio para o paseo;ganándolle terreo ao mar, múdase en espacio para o lecer e o baño inaugural dos máis cativos,baixo atenta mirada dos pais. Aquí case tódolos nenos aprendimos a nadar, nesta recollida e urbana Praia da Ribeira; flanqueada hoxe, e dende o século XVII, polo Castelo de San Carlos(Antiga fortaleza contra as invasións francesas, e hoxe Museo do Mar) e o "chalé" ou "a casa de vilas", torre maxestuosa e peculiar, carismática tamén onde as haia.

A Praza, centro neurálxico da vila durante décadas, déixanos ver esceas de a cotío,mulleres e nenos collendo auga dunha fonte con cruceiro,todo elo de pedra, e que ainda perdura, como obxeto inmutable ante o paso dos anos,dos a contecementos vividos,actos culturais, entroidos, festasrelixiosas, bailes e labouras propias dunha fermosa vila,habitada por xentes humildes e traballadoras; tamén señoriais, como reflexan algunhas construccións,quese manteñen asimesmo,firmes ante o paso do tempo, de doces primaveras,tamén de crueis invernos coas súas choivas e ventos agredindo aos seus adoquíns;quizáis éstos últimos foron as maiores víctimas,froito da crenza de que o progreso era sobre todo, rachar có pasado, dando paso ao formigón e así aniquilar a fermosura da pedra galega,nas presente en todalas súas rúas.Os tempos cambiaron e dita praza foi perdendo o seu predominio vital para dar paso a outros lugares que fan da vila un núcleo máis grande e habitado.A pesares de todo,sigue sendo un máxico recuncho de encontro das súas xentes. Nunca perderá de todo o seu encanto centenario..secular diría eu.

Vista de Fisterra dende San Guillerme fai moitos anos.

Acto relixioso en honor á Virxe do Carme diante do Castelo de San Carlos

Muller de Fisterra facendo as súas labores e cazada polo fotógrafo en plena rúa.

Embarcacións antigas e traballos mariñeiros na Praia da Ribeira.

Traballos de recheo no que sería despois o porto

Instantánea dun grupo de xente na Praia da Langosteira.Tomada dende o pinar e coa vila como fondo.

Fermosa imaxen da Ribeira e a Cerca

Panorámica antiga do que é hoxe o porto de Fisterra

Monte do cabo e faro visto dende o mar

Grupo de mariñeiros limpando o aparello.

Pepe Velay, unha personalidade do pobo,nos seus anos mozos.Ao fondo podemos apreciar como era Fisterra, sin embarcadeiros e coas casas de pedra mariñeiras bicando o mar.

Edificación singular no porto de Fisterra,hoxe reconvertido en complexo turístico pero que conserva o deseño orixinal.



