ENTROIDO 2009:Imaxinación e arte contra a crise

Posted on February 23, 2009 by jmvelay

Outro ano máis,os fisterráns e fisterranas así como xentes da bisbarra  achegáronse a Taberna Ultreia para festexar por todo o alto o noso entroido,e así rachar có pesimismo e a tristura que asemella estar a producir os efectos desta crise no persoal;como non podía ser doutro xeito, o inxenio e o sentido do humor dos participantes desta festa tan arraigada na vila, deron renda solta á imaxinación para liberarse dos formalismos i escomenzar a rirse de ún mesmo, que, como xa sabemos, é a millor maneira de dar un poco de ledicia e luz ás nosas vidas.Como mostra delo e a modo de arquivo para a posteridade,déixovos unha pequena mostra dos diferentes persoeiros que se pasaron pola taberna para convertir un sábado calqueira do més de febreiro nunha noite inesquecible e culpable de moitas risas.

A tod@s os que vos achegástedes ata aquí:  Gracias

img_5886_400

Namasté...benvidos ao entroido de Fisterra

como_estan_ustedes_400

¿Cómo están ustedes...?

img_5923_400

Os Superheroes pasaron pola taberna

hardcore_rural_400

Hardcore rural

img_5890_400

Tres pés para un banco

img_5927_400

Bebeto, membro de Abba causou sensación

img_5931_400

¿Alguén negaba o holocausto? preguntádelle a Santi

img_5892_400

 "besos, ternura, ¡que derroche de amor, cuanta locura!"

img_5932_400

Jesulín e Sor Julita fixeron  boas migas

img_5898_400

.....

img_5900_400

O meu tio Pepe Velay

img_5901_400

Á última hora soubemos de que ían

img_5902_400

A máquina do tempo foi o seu niño de amor

img_5904_400

Fiebre de sábado noche..(máis ben ao día seguinte)

img_5908_400

Fandanguillos da Ribeira

img_5911_400

¡¡ Ándele...!!

img_5915_400_01

Sen comentarios

img_5916_400

Outra vez: ¿Cómo están ustedes...?

jse_e_artista_nunca_fallan_400

Artista e Jóse nunca fallan

img_5885_400_01

Dous prejaseiros sen fronteiras

salam_malekum_400

 Salam Malekum

velay_con_chucho_400

Velay con Chucho

img_5903_400

Desmadre dos 50´s

 

Comments

suzanne wrote:

hello dear friends from your friends in Canada.
we wish we were at your party.

we hope you are well, say hello to our other home,
Fisterra

xox

Suzanne, Fred and Ella

petete wrote:

Boas amigo Velay so digo unha cousa:que envidiaaaa!!!!!saudiños.

Modesto Fraga wrote:

A min o antroido deste ano pareceume dunha calidade aceptábel (polémicas encol do ditame do xurado á parte). Con todo, creo sinceramente que se fai necesario unha reflexión urxente sobre que tipo de carnaval queremos e, sobre todo, cal debe ser a posición do concello á hora de impulsar decisivamente esta celebración. Non é normal que a administración local se lave as mans e pase de todo, como vén sucedendo nos últimos anos. Nestes casos, e facendo un símil coa terminoloxía médica, é preciso tratar ao enfermo, diagnosticalo e, na medida do posíbel, tentar curalo e reactivalo definitivamente. Só así poderemos seguir falando do antroido máis tradicional da Costa da Morte. O demais –sentíndoo moito- son cuentos de la buena pera.

Xoán S. Pazos wrote:

Boas!!!
Primeiro, dar a noraboa aos gañadores deste ano, especialmente aos preghaseiros, que montaron un espetáculo de altura. Tamén noraboa á Galería, se ben algunhas cousas que sucederon logo do concurso afetan moitísimo á imaxe do noso entroido. Iso sí, considero que ámbalas duas comparsas merecian gañar, pero o ditame do xurado é, coma ben dixo Germán no concurso, inapelable.
Comparto tamén a opinión de Modesto, se ben desta volta vou rachar unha lanza a favor do Concello, que incrementou nos ultimos anos a cuantía dos premios. Non se me ocorre que máis podería facer o Concello polo noso entroido se os fisterráns non nos animamos a participar nel (eu tampouco podo falar porque nunca participei nunha comparsa, así que non son eu o que teño que xulgar, senón mais ben un dos que ten que ser xulgados).
En fin, moi boas as fotos. Lástima non ter pasado pola taberna Ultreia, pero viña dunha longa escursión de montaña e estaba moi canso para sair por aí de farra.

Noraboa pola festa que de seguro montastes aí, e ¡¡LONGA VIDA AO ENTROIDO DE FISTERRA!!

O Mouro wrote:

Estou contigo, Fisterra para os Fisterráns!!.Unha aperta Ultreia

immediate online poker answers wrote:

Everything seems to be working fine but trackball is not working properly. will scroll but pressing function wont responce. Have to press the Enter key.



Leave comment