Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono...

Publicado ó Xoves 26 de Marzo do 2009 por jmvelay

ribeira_no_pasado

Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono, tamén os recordos vagan perdidos na memoria; sen  rumbo  fixo e a capricho dos que exercen de amos e señores de tódalas cousas corren o perigo de converterse en imaxes difusas dun pasado cada vez máis lonxano e máis dificil de atopar.

¡¡¡As terras para os que as traballan!!! reivindicabase nun tempo de esperanza;eu digo agora en tempos de cansancio e desilusión: ¡¡¡ Os lugares para aqueles que os habitan !!!

Como humanos xuntámonos fai milenios para decidir organizarnos socialmente sen percatarnos de que o equilibrio có medio onde non tocou vivir e o respeto mutuo sería o único camiño válido para poder avanzar na nosa búsqueda polo benestar.Hoxe, despois de ver pasar eses milleiros de primaveras, ese entorno que nos apertaba no transcurso da nosa vida, ten propietario e iso é a peza que non encaixa neste puzzle existencial.   

Para os fisterráns a Praia da Ribeira ocupa un lugar destacado na lista de lugares conquistados polos nenos para o seu divertimento e a súa liberdade;aquí moitos aprenderon a moverse polas augas como peixes,comenzaron a descubrir o arrezume da area bañada pola mar e a sentir a presencia das pedras no seu eterno e quedo "estar".Neste mesmo lugar, ao refuxio do mal tempo e preto de pais e nais, os nenos da miña infancia entenderon o respecto polas olas e todos esos seres que as habitaban, construíron castelos de area a semellanza dós das fábulas e borraron con pactos de vento a inquedanza de un futuro incerto e lonxano..."¿cándo seremos adultos? preguntávamonos cando non poñíamos a secar enterrados en area ou tumbados boca abaixo nas suaves pedras do pedregal".

img_5990_600

Cando os lugares da nosa infancia non teñen dono...reivindiquemos con amor e contundencia:"Os lugares para os que os habitan".

img_5986_600

Existen lugares que teñen tal presenza no noso medrar que non teñen dono;nin Costas, nin Portos,Concello ou Xunta poderán nunca gobernar;A Ribeira é un destes lugares nos que soio os nenos poden e non deben nunca deixar de habitar.

Comentarios

petete escribiu:

A veces prefiro vivir dos recordos do pasado a ter que enterarme destas titiritadas...Manda carallo!menudos cartelons!!que cousas amigo Velay..Desperto e nunca sei si as cousas que pasan na vila son certas ou simples pesadillas.Pois eso,QUE FISTERRA E NOSO!!!!

Xoán S. Pazos escribiu:

Fermosa homenaxe a ese lugar emblemático que é a Ribeira. Non esquezamos que foi entorno a este idílico lugar onde xurdíu o pobo de Fisterra, a súa cultura, a súa xente, o seu amor polo mar. A historia da Ribeira é a Historia de tódalas xeracións de fisterráns -absolutamente todas- e ningún cartel pode acabar con iso.
Fermosa entrada, coma sempre, e moi boa crítica. Coma ben di Petete: ¡¡Fisterra é nosa!!

O Mouro escribiu:

Fisterra para os Fisterráns!!

bonos de los casinos virtuales escribiu:

I was searching on the web for the same thing, found AutoIt, but couldn’t figure out how to run the control panel.I did have problems with cutting and paste on the scripts. The double quotes were being read wrong. I re-moved and re-added them to the scripts and everything started working.



Deixar comentario