O LEO I ARREMECAGHONA EN CONCERTO

Publicado ó Luns 30 de Novembro do 2009 por jmvelay

20071123leoiarremecaghona4

Este venres 4 de Decembro escomenza un dos fins de semana máis longos do ano.Con motivo da Constitución e a Inmaculada Concepción alongarase ata o martes 8, polo que serán moitos os que poidan disfrutar destos días previos ao Nadal disfrutando dunhas minivacacións que nunca veñen mal para liberarse da carga do traballo ou os estudos.A Taberna Ultreia quere contribuir a todo elo ofertando un espectáculo humorístico musical a cargo de O LEO I ARREMECAGOHNA do que poderá ser partícipe o Venres 4  a partir das 23:30 horas.Leo," o cantor punk da Galiza" deleitaranos coa súa voz e a súa guitarra mediante os diferentes estilos musicais que se misturarán có humor e a retranca máis galegas para o disfrute dos asistentes;todo elo, gratuito e coa garantía dunha atmósfera festeira e propia da Taberna.

Xa sabedes ultreianos, esta fin de semana tedes unha cita na Taberna Ultreia,¡¡Non faltedes!!

VENRES 4 DECEMBRO AS 23:00 H

TABERNA ULTREIA

SANTA CATALINA 28

FISTERRA

Sobre Leo i arremecacgohna:

"Leo i arremecaghona representan unha maneira singular e moi galega de entender os espectáculos musicais e humorísticos.o seu paso por citas como o Certame de Regueifa de Valadares en Vigo ou a súa participación dentro do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo así como as innumerables postas en escea en lugares como a Universidade de Lisboa , na Sala nasa de Santiago na presentación de Radio kalimera ou no Castañazo de Maceda dan conta da polivalencia do artista, que mistura maxistralmente a retranca e humor máis galegos con unha posta en escea atrevida e desenfadada, apostanto por igual, tanto o punk máis galego como polo folclore máis tradicional ou o pop máis doce e melódico.Para achegarvos ao seu universo peculiar e comprometido có país podedes visitar       arremecaghona.blogspot.com"

Comentarios

 •  Deixar comentario (0)


Deixar comentario