¡¡¡¡¡ JRASIÑAS LEO !!!!!

Gracias Leo, e digo gracias porqué conquistaches o noso corazón, roubaches as nosas gargalladas e arrancaches un anaco de cada unha das almas que se deron cita na Taberna Ultreia para ser partícipe da túa proposta transgresora, orixinal, humorística e musical.Con unha posta en escea espectacular e cálida ao mesmo tempo conseguistes que viviramos unha experiencia inesquecible aos asistentes, chegados de tódolos puntos da Costa da Morte.A verdade é que xa tíñamos boas referencias dos teus espectáculos, pero, con creces, superástes tódalas expectativas creadas;durante dúas horas de concerto soubéstes conectar có público,creando un vínculo invisible pero tamén inquebrantable.Como bó malavarista do escenario chegastes aos máis xovenes, aos xa non tanto e aos máis maduros dos asistentes, acadando aplausos sinceiros e unánimes.A indiferencia non fixo presencia nunha magnífica noite que ficará para sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns.
Fisterra e a Costa da Morte en xeral quéreche polo que xa sabes, sempre que queiras serás benvido nesta nosa terra...agora tamén túa.
José María,Carmiña e tódolos asistentes.
Unha aperta calurosa e sorte na túa singular andadura.

Quencemento

Comenzan as primeiras cancións

O licor café sempre axuda

O punk que leva dentro sae a flote

Cambio de vestuario

Xa non colle tanta xente no local

David, artista invitado e improvisado

Ata pronto Leo...






ubaldinho escribiu:
xa me jodeu non poder estar, tivo que ser unha boa festa!!!!
a ver cando o traedes de volta, porque a verdade non creo que haia moitos garitos na bisbarra que acollan un espectáculo destas dimensións!!!!
Mércores 09 de Decembro do 2009